O PSOE ESTRADENSE CALIFICA Ó POPULAR LÓPEZ CAMPOS COMO “EXPERTO NA ARTE DE MENTIR”

Louzao sinala que as contas do 2019 evidencian que moitas das promesas do rexidor, das que non hai “nin rastro” nas contas, non eran máis que “fume para captar votos”

“O orzamento desmonta, unha vez máis, as mentiras de López Campos, que está máis preocupado por manter o seu soldo de 55.000 euros que por traer melloras á Estrada”.

A Estrada, 5 de abril de 2019.– A lideresa da oposición de A Estrada, Belén Louzao, amósase “indignada” ante a ausencia de partidas orzamentarias para necesidades de vital importancia, como a traída de auga en Codeseda ou a rede de saneamento prometidas polo alcalde a principios de ano.
A portavoz socialista no Concello sinala que, no caso de Codeseda, os populares anunciaron que destinarían 100.000 euros para solucionar o que denominaron “un problema histórico de abastecemento”, e que os orzamentos, nos que hai cero euros para tal fin, amosan que “esta promesa era tan só unha das moitas falacias dun alcalde experto na arte de mentir”.
Outra mostra destas “continuas mentiras” é, según Louzao, a non inclusión nas contas anuais dunha partida para unha rede de saneamento que chegue a tódolos núcleos de A Estrada, despois de que López Campos a vendera como un dos seus proxectos estrela.
A portavoz socialista asegura que “o que está a facer o PP é tomarnos o pelo: prometer e prometer para que pareza que fai moito polos veciños, cando o único que fai é vender fume para captar votos”.
“O orzamento desmonta, unha vez máis, a estratexia de López Campos, un experto na arte de mentir que está máis preocupado por manter o seu soldo de 55.000 euros que por traer melloras á Estrada”, conclúe Belén Louzao.

Esta entrada fue publicada en Candidatura y etiquetada , , , , . Guarda el enlace permanente.