BELÉN LOUZAO E JOSÉ ANTONIO DONO FORMARÁN PARTE DA CANDIDATURA DO PSOE ESTRADENSE ÁS MUNICIPAIS

Os socialistas presentarán, nos vindeiros días, unha lista que conxuga a experiencia de compañeiros do actual grupo local coa ilusión por traballar polos veciños e veciñas de novas incorporacións

Os primeiros en coñecer os nomes de todos os candidatos e candidatas serán os militantes do partido

A Estrada, 8 de abril de 2019.– O PSdeG de A Estrada presentará, nos vindeiros días, a súa candidatura ás eleccións municipais, da que formarán parte varios referentes do partido como a actual portavoz do grupo municipal, Belén Louzao, e o ex alcalde José Antonio Dono.

Esta lista, encabezada por Luis López Bueno, conxugará a experiencia de actuais membros da corporación coa ilusión, a formación, e as ganas de traballar de novas incorporacións, que procederán de distintos sectores: comercio local, educación, deporte, empresa privada… e que provirán tanto do entorno urbano como do rural.

O PSdeG ofrecerá un equipo que reflicta a realidade de A Estrada, totalmente decidido a dar resposta ás necesidades e prioridades reais dos veciños e veciñas. Os seus nomes serán coñecidos, en primeiro lugar, polos militantes do partido.

Esta entrada fue publicada en Candidatura, Luis López Bueno y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.