LÓPEZ CAMPOS MENOSPREZA O TRABALLO DA DEPUTACIÓN NA ESTRADA DESPOIS DE TRATAR DE “VENDER” COMO PROPIAS AS INVERSIÓNS DA INSTITUCIÓN PROVINCIAL

Os socialistas acusan ó alcalde de intentar ocultar de onde proveñen os fondos das melloras das que presume na propaganda electoral do PP

A Estrada, 12 de abril de 2019.- O PSdeG lamenta que o alcalde menosprecie o traballo da Deputación de Pontevedra na Estrada despois de tratar de “vender” como propias, na propaganda electoral do PP, as actuacións da institución provincial.

Os socialistas consideran que López Campos intenta ocultar de onde proveñen os fondos das melloras das que presume, xa que analizando o panfleto difundido polo seu partido é fácil localizar varios investimentos de gran calibre que proveñen da Deputación, á cal, por suposto, nin menciona.

A Deputación de Pontevedra investiu, a través do Plan Concellos, 4.731.276,75€ nesta lexislatura para actuacións e obras moi necesarias na Estrada: asfaltado dos viais rurais e urbanos, redes de abastecemento, marquesiñas, novos contenedores e camións de recollida de lixo, adecuación do Museo Manuel Reimóndez Portela (o cal, por certo segue sen abrir)…

Unha cantidade á que habería que sumarlle os cartos destinados a outros conceptos como cultura, deporte, mobilidade, xeración de emprego… e que elevarían ata os 11 millóns de euros a inversión da institución provincial na Estrada nesta lexislatura.

INVERSIÓN DEPUTACIÓN PONTEVEDRA A ESTRADA

Esta entrada fue publicada en Candidatura y etiquetada , , , , , , . Guarda el enlace permanente.