O PSdeG LAMENTA QUE O CONCELLO DA ESTRADA ERRE Ó NON ADHERIRSE Ó PLAN DE COMPOSTAXE DA DEPUTACIÓN

Nicolás González Casares, candidato ó Parlamento Europeo:“Dende os Concellos hai que facer un esforzo para que os cidadáns se conciencien de que é preciso reciclar e separar”

Luis López Bueno, alcaldable do PSdeG da Estrada : “O PP continúa sen facer nada para que o servizo de recollida de lixo e reciclaxe chegue ós veciños”

A Estrada, 24 de abril de 2019.- O alcaldable do PSdeG da Estrada, Luis López Bueno, e o candidato do PSdeG ás eleccións europeas, Nicolás González Casares, repartiron esta mañá, no Novo Mercado da Estrada, bolsas de tela para concienciar ós veciños da importancia de deixar atrás o plástico nas súas compras.

Neste contexto González Casares lembrou que o Parlamento Europeo, no periodo 2014-2020, fixo un “gran cambio normativo para fomentar a reducción e reutilización de residuos”, como a lei pola que dende 2020 os municipios de máis de 20.000 habitantes -como A Estrada- estarán obrigados a reciclar o 100% da fracción orgánica do lixo.

O candidato a europarlamentario insistiu en que “dende os Concellos hai que facer un esforzo para que os cidadáns se conciencien de que é preciso reciclar e separar, procurando que o plástico desapareza por completo do comercio local”. “A Estrada non se adheriu ó plan de compostaxe da Deputación de Pontevedra, e creo que é un erro”, engadiu.

Neste sentido o alcaldable, Luis López Bueno, explicou que a institución provincial ofertou a todos os concellos un programa de compostaxe co que aportaría os recipientes para a elaboración do compost, “o cal o PP rexeitou ata en dúas ocasións, preferindo empregar fondos da EDUSI”.

“Unha vez máis vemos como o Concello da Estrada emprega fondos que poderían ir para outras actuacións, desprezando os recursos da Deputación. E despois dirán que non se lle dan máis cartos que os que prevé a lei…será porque non os solicitan”.

López Bueno recalcou tamén que “sería interesante ampliar a rede de contedores no rural”, xa que “o PP continúa vendo a vida pasar e sen facer nada para que o servizo de recollida de lixo e reciclaxe chegue da mellor maneira ós veciños”.

Esta entrada fue publicada en Candidatura, eleccións municipais, Luis López Bueno y etiquetada , , , , . Guarda el enlace permanente.