LÓPEZ BUENO CONFÍA EN QUE “O RESULTADO HISTÓRICO DO PSOE EN GALICIA SERÁ O INICIO DUNHA NOVA ERA, TAMÉN NA ESTRADA”

“No PSdeG temos equipo, temos proxecto, temos ilusión, e temos algo moi importante que o PP non ten: palabra”

“Os cidadáns non somos parvos e vemos como López Campos está a prometer nun mes todo o que non fixo en 8 anos”

A Estrada, 29 de Abril de 2019.– O candidato socialista á alcaldía da Estrada, Luis López Bueno, tralo rotundo éxito do PSOE nas eleccións xerais, e en especial ante o “resultado histórico” en Galicia, apunta ó “inicio dunha nova era, tamén na Estrada”.

O alcaldable achaca o resultado obtido nas urnas a que “os cidadáns están fartos de que a dereita xogue ó discurso do medo e subestime a súa intelixencia”.

En referencia ó “batacazo” do PP, o aspirante á alcaldía é ben rotundo: “Afundíuselles o barco en España, afundíuselles en Galicia, e o vindeiro 26 de maio van ir a pique tamén na Estrada, porque os cidadáns non somos parvos e vemos como López Campos está a prometer nun mes todo o que non fixo en 8 anos”.

“Igual que Sánchez demostrou que o PSOE é a única opción fiable para liderar o Goberno, nós demostraremos ós veciños e veciñas que somos a mellor alternativa para loitar polas súas necesidades e intereses. No PSdeG da Estrada temos equipo, temos proxecto, temos ilusión, e temos algo moi importante que o PP non ten: palabra”, apuntala López Bueno.

 

Esta entrada ha sido publicada en estrada, Luis López Bueno y etiquetada como , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.