O PSOE DA ESTRADA CONSIDERA FUNDAMENTAL A POSTA EN MARCHA “REAL E EFECTIVA” DO PORTAL DE TRANSPARENCIA

Luis López Bueno ten claro que “é imprescindible rendir contas ós estradenses de todo o que se fai cos seus cartos”

O alcaldable socialista lembra que a transparencia foi “unha das moitas promesas incumplidas polo PP no seu programa electoral”, xa que “o Concello da Estrada ofrece ós seus veciños tan só un 14% de transparencia nas súas xestións”

A Estrada, 3 de maio de 2019.- O Partido Socialista da Estrada considera fundamental a posta en marcha “real e efectiva” do Portal de Transparencia do Concello para que as veciñas e os veciños poidan comprobar a xestión do goberno municipal.

O alcaldable do PSdeG cre que “é imprescindible render contas ós estradenses de todo o que se fai cos seus cartos”, e asegura que “esa é a premisa baixo a que os socialistas imos traballar nos vindeiros catro anos dende o Concello”.

Na súa aposta pola transparencia municipal o PSdeG creará un servizo de xestión das relacións cos cidadáns para ofrecerlle ás veciñas e ós veciños respostas inmediatas ás súas necesidades. Un servizo que incluirá a consulta cidadá directa co alcalde e cos responsables de área, de xeito presencial ou a través de medios telemáticos.

Nesta liña, o PSOE tamén organizará unha reunión anual cos veciños, tanto no casco urbano como nas distintas zonas do rural, para rendir contas da xestión municipal nese exercicio.

O PP non cumpriu O candidato á alcaldia do PSdeG lembra que a aposta pola transparencia foi “unha das moitas promesas incumplidas polo PP no seu programa electoral de 2015”.

“Se facemos unha análise dos indicadores oficiais de transparencia das administracións públicas atopamos que o Concello da Estrada ofrece ós seus veciños tan só un 14% de transparencia nas súas xestións” explica.

Esta entrada ha sido publicada en alcaldía, Candidatura, eleccións municipais, estrada, Luis López Bueno y etiquetada como , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.