O PSDEG DA ESTRADA APOSTA POLA CREACIÓN DUN GRAN PARQUE INFANTIL CUBERTO NA ZONA DA PRAZA DA FEIRA

Belén Louzao: “A única zona infantil de sombra ca que contaba A Estrada, a da vella alameda, foi demolida polo PP para construir unha nova a gusto do alcalde”

Os socialistas instalarán novos puntos de ocio para achegalos ás familias, ubicando varios na zona comercial que estarán ligados a un servizo de monitorado para facilitar as compras ós pais e nais

A Estrada, 4 de maio de 2019.- O Partido Socialista da Estrada incluirá no seu programa electoral a creación dun gran parque infantil cuberto nas proximidades da praza da feira.

Trátase dunha instalación que o PSdeG considera imprescindible tanto para os días de choiva como nos que pegue moito o sol, xa que “a única zona infantil de sombra ca que contaba A Estrada, a da vella alameda, foi demolida polo concello para construir unha nova a gusto do alcalde” explica Belén Louzao.

Ademáis de construir este gran parque cuberto, os socialistas apostan por deslocalizar distintos puntos de ocio ó longo da Estrada para achegalos ás familias, incluíndo pequenas áreas de xogo na zona comercial.

A número dous da candidatura socialista sinala: “Falaremos cos comerciantes para evaluar, entre todos, cales son as ubicacións máis idóneas para estes puntos de ocio, nos que ofreceremos un servizo de monitorado infantil de forma rotatoria para facilitar ás compras ós pais e nais, e dinamizar así tamén o pequeño comercio da Estrada”.

Esta entrada ha sido publicada en Candidatura, concelleira, eleccións municipais, estrada y etiquetada como , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.