OS SOCIALISTAS CREARÁN UNHA BOLSA DE BAIXOS COMERCIAIS PARA DINAMIZAR O ALUGUER E INTENTAR REDUCIR OS PREZOS

Ofrecerán un completo programa de medidas enfocadas a estimular o crecemento do tecido socioeconómico da Estrada

A Estrada, 7 de maio de 2019.- O PSdeG está a deseñar un completo programa de medidas enfocadas a estimular o crecemento do tecido socioeconómico da Estrada.

Entre as súas propostas atópase a creación dunha bolsa de baixos comerciais para dinamizar o aluguer e intentar reducir os prezos, conscientes de que o elevado custo de arrendamento dos locais é un freo importante á hora de asentar novos negocios.

Os actuais líderes da oposición apostan tamén por impulsar unha Mesa polo Comercio, na que conflúan comerciantes, consumidores e representantes municipais para elaborar iniciativas conxuntas.

Entre as tarefas desta Mesa estaría a posta en marcha dun estudo das necesidades comerciais para identificar problemas e baleiros de mercado e aportar solucións que dinamicen o pequeno comercio.

Este estudo incluirá tamén ó Novo Mercado, na procura de aproveitar mellor o seu espazo e atraer consumidores.

Aposta polas novas tecnoloxías
O PSdeG da Estrada considera imprescindible que os comerciantes aproveiten as novas oportunidades que brinda a era dixital, como vén de facer a ACOE co desenvolvemento dunha APP para a promoción e venda de productos a clientes de proximidade.

Por este motivo, os socialistas ofrecerán dende o Concello formación en novas tecnoloxías, para que os comerciantes coñezan todas as posibilidades que ofrece o marketing online e podan explotalas ó máximo para facer crecer os seus negocios.

Creación de pequenas zonas de ocio na zona comercial

Co propósito de facilitarlle as compras ás familias e impulsar o pequeno comercio, o PSdeG instalará distintos puntos de xogo nas principais zonas comerciais, cun servizo rotatorio de monitorado.

Esta entrada ha sido publicada en alcaldía, Candidatura, eleccións municipais, estrada, Luis López Bueno y etiquetada como , , , , , , . Guarda el enlace permanente.