O PSOE PRESENTA UN AMPLO PAQUETE DE MEDIDAS PARA QUE “VIVIR NO RURAL SEXA UN PRIVILEXIO E NON UN PROBLEMA”

López Bueno: “Conducir polo rural estradense non pode seguir sendo unha carreira de obstáculos”

“O alcalde esqueceuse do rural durante estes 8 anos”

A Estrada, 11 de maio de 2019.– O Partido Socialista da Estrada presenta no seu programa electoral un amplo paquete de medidas co que pretende, en palabras do seu alcaldable, que “vivir no rural sexa un privilexio e non un problema”.

Luis López Bueno considera imprescindible dotar a todas as parroquias dos servizos e comodidades que precisan, polo que aposta por un “contacto continuo coas parroquias para coñecer as súas demandas e particularidades”.

“Conducir polo rural estradense non pode seguir sendo unha carreira de obstáculos, hai que poñer en marcha plans anuais de mantemento de infraestruturas que garantan unha atención continua ó rural, non só cando se achegan as eleccións” sinala López Bueno, remarcando que “o alcalde esqueceuse do rural durante estes 8 anos”.

De forma paralela ó arranxo das infraestruturas, os socialistas levarán a cabo a sinalización e identificación dos núcleos de poboación “que tanto tempo levan reclamando as parroquias sen que o PP lles fixese ningún caso”, con especial atención a escolas e puntos de interese turístico.

Plan plurianual de saneamentos 

Os socialistas desenvolverán plans anuais de saneamentos, co obxectivo de ter saneados o 100% dos núcleos máis poboados nos vindeiros 8 anos. Solucionarán os problemas de traída de augas públicas existentes, ampliarán a rede a outras parroquias, e ofrecerán axudas para o mantemento das traídas privadas.
En canto ó tratamento do lixo, ampliarán a cobertura da recollida, xestionarán a colocación de máis contedores de reciclaxe, e porán en marcha un plan de erradicación de vertidos incontrolados en ríos, vías públicas e montes.

Fixar poboación e dinamizar o rural

López Bueno e o seu equipo apostan tamén pola aprobación de axudas para o establecemento e fixación de poboación no rural e polo reforzo da seguridade nas parroquias mas diversas.
“Para acadar este obxectivo será imprescindible aumentar as rutas de transporte público e estudar un servizo de transporte baixo demanda, ademáis de levar vida social e cultural ás parroquias”.

Esta entrada ha sido publicada en alcaldía, Candidatura, eleccións municipais, estrada, Luis López Bueno y etiquetada como , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.