OS SOCIALISTAS DA ESTRADA OFRECERÁN BONOS PARA FACILITAR O ACCESO Á CULTURA EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS

López Bueno: “Crearemos un bono cultural para os colectivos con menor poder adquisitivo, para que todas e todos os estradenses poidan acceder ás programacións culturais sen discriminación por motivos económicos”

“Levaremos actividades culturais ás parroquias para achegalas ós veciños e veciñas que viven no rural”

A Estrada, 16 de maio de 2019.- O Partido Socialista da Estrada aposta pola creación de bonos culturais que faciliten o acceso á cultura en igualdade de condicións ás persoas que dispoñen de menos recursos económicos.

“Crearemos un bono cultural para os colectivos con menor poder adquisitivo, para que todas e todos os estradenses poidan acceder ás programacións culturais sen discriminación por motivos económicos” explica Luis López Bueno.

Para facilitar o acceso á cultura, o goberno socialista non só pensará no aforro dos estradenses, senón tamén na súa comodidade: extenderá a axenda cultural, deportiva e social ás parroquias en vez de focalizar prácticamente toda a oferta no casco urbano.

“Levaremos actividades culturais ás parroquias para achegalas ós veciños e veciñas que viven no rural, creando circuitos que axuden á súa dinamización; e potenciaremos tamén a participación nas súas festas” explica o candidato socialista á alcaldía.

O PSdeG da Estrada aposta tamén por aumentar a oferta da Biblioteca Municipal, incrementando o volume de libros e incluíndo material cinematográfico e musical, “ademáis de acondicionar o edificio, que está totalmente descoidado” indica o alcaldable.

No tocante á Biblioteca, o compromiso socialista tamén inclúe o aumento do horario de apertura, especialmente en época de exames.

Esta entrada ha sido publicada en Candidatura, eleccións municipais, estrada, Luis López Bueno y etiquetada como , , , , , , . Guarda el enlace permanente.