O PSOE DA ESTRADA APOSTA POLA CREACIÓN DUN GRAN CAMPUS DEPORTIVO E DE LECER NA ZONA DE FIGUEIROA

López Bueno: “Integraremos a Carballeira na zona deportiva, que será o pulmón urbano de A Estrada. Crearemos unha gran zona verde pensada para as persoas”

Os socialistas desenvolverán un Centro BTT, o programa `A Estrada Camiña´, e reforzarán a atención ós Clubes Deportivos

A Estrada, 18 de maio de 2019.- O Partido Socialista da Estrada aposta pola creación dunha gran zona verde na área de Figueroa: un espazo natural pensado para as persoas, no que compaxinar instalacións para a práctica deportiva con áreas de xogos e lecer para as familias.

Os socialistas eliminarán todos os viais interiores da área que comprenda o novo campus para convertelo nun gran parque no que só teñan cabida as persoas, non os coches, os cales poderán permanecer aparcados nas superficies de parking que se instalarán na contorna.

“Integraremos a Carballeira na zona deportiva, que será o pulmón urbano de A Estrada. Crearemos unha gran zona verde pensada para as persoas e para a práctica de deportes” explica López Bueno.

Este gran campus deportivo contará con pistas de atletismo, pistas multideporte, zonas de maquinas de exercicios para persoas maiores, circuitos para camiñar e correr, áreas BTT para a práctica do ciclismo, e un skate park.

Plan Estratéxico de Deportes do Concello da Estrada

O PSOE desenvolverá un Plan Estratéxico de Deportes para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais, solucionar os problemas das súas infraestruturas, e ofertar novos emprazamentos e actividades.

Haberá un Centro BTT con servizo de aluguer de bicicletas e GPS, ligado ó desenvolvemento de novas rutas de ciclismo, e que potenciará tamén o coñecemento das zonas máis turísticas da Estrada.

Se ofertarán tamén novas rutas de sendeirismo, desenvolvidas baixo o prisma da iniciativa `A Estrada Camiña´: un programa que pretende establecer novas rutas do colesterol ao longo do pobo, indicando o número de kms recorridos, desnivel, dificultade e calorías consumidas; e que servirá para fomentar un deporte activo e saudable, especialmente
entre os maiores.

Apoio ós clubes
O PSOE dará apoio ós clubes deportivos estradenses no referente á xestión burocrática, administración, tramitación de fichas… e porá á sua disposición oficinas e espazos de almacenamento na zona dos pavillóns deportivos.

Tamén acollerá nas instalacións do concello a todos os colectivos que demanden un emplazamento axeitado para o desenvolvemento das súas actividades.

Esta entrada ha sido publicada en Candidatura, eleccións municipais, estrada, Luis López Bueno y etiquetada como , , , , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.