LÓPEZ BUENO: “RENTABILIZAREMOS AS LIÑAS DE COMUNICACIÓN ABERTAS DOA DEPUTACIÓN PARA TRAER MELLORAS Á ESTRADA”

“Aproveitaremos o apoio da Deputación para levar a cabo a humanización da Praza da Feira e do seu entorno” sinala o alcaldable

Chelo Besada: “É unha pena o que alcalde actual, que non solicitou unha soa reunión coa Deputación en catro anos, esté perdendo recursos cos que podería invertir na Estrada”

A Estrada, 22 de maio de 2019.- Esta mañá a deputada provincial Chelo Besada acompañou á candidatura socialista estradense a un reparto de material electoral pola Praza da Feira, no que percibiu “unha gran ilusión por un cambio na Estrada”.

O alcaldable socialista subliñou que a visita de Besada demostra “a boa síntonía” do PSOE estradense coa administración presidida por Carmela Silva, recalcando que o seu equipo rentabilizará “as liñas de comunicación abertas coa entidade provincial para traer melloras á Estrada”.

“Aproveitaremos o apoio da Deputación para levar a cabo a humanización da Praza da Feira e do seu entorno, entre moitas outras actuacións de mellora en materias de infraestruturas, saneamento, turismo ou promoción económica. Aproveitaremos a Deputación provincial, a Administración do Estado, a Administración Europea, e a vindeira Xunta de Galicia, que tamén será socialista, para a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas da Estrada” engadiu.

Pola súa banda, Chelo Besada lembrou que “A Deputación de Pontevedra nestos catro anos repartiu moitísimos millóns de euros entre todos os concellos da provincia. Fixo un reparto equitativo e xusto en función da extensión e a poboación dos concellos, os cales ofrecéuselle a opción de mellorar a calidade de vida dos seus veciños”.

“É unha pena que o alcalde actual, que non solicitou unha soa reunión coa Deputación en catro anos, esté perdendo recursos cos que podería invertir na Estrada. Con Luis como alcalde eu estou segura de que isto non vai a pasar,de que A Estrada vai a mellorar moito, porque él si vai ter preocupación por solicitar e xestionar os recursos da Deputación” engadiu a deputada provincial.

O candidato socialista á alcaldía da Estrada aproveitou tamén para pedir “pedir o apoio a aqueles que queren un cambio na Estrada, para aqueles que xa non confían no señor López Campos, para os que xa é manifesta a súa nula capacidade de xestión”.

Esta entrada ha sido publicada en eleccións municipais, estrada, Luis López Bueno y etiquetada como , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.