O PSOE DE A ESTRADA INSTARÁ AO CONCELLO A AXILIZAR AS ACTUACIÓNS PARA RESOLVER A ESCASEZA DE AUGA NA TRAÍDA DE CODESEDA

“O goberno prometeu resolver os problemas antes do verán, pero sospeitamos que foi unha promesa baleira” manifestou López Bueno
A Estrada, 31 de maio de 2019. O PSOE de A Estrada instará ao goberno municipal a axilizar as actuacións para resolver o problema de escaseza de auga na traída de Codeseda ante as queixas veciñais. “É inadmisible que ter auga na casa depe nda de camións cisterna un ano máis” comentou López Bueno.

Tamén se amosou preocupado porque. O goberno prometeu resolver os problemas antes do verán, pero sospeitamos que foi unha promesa baleira”. «Xa se está a producir escaseza de subministro, e prevemos que será imposible resolver o problema nos prazos que marcara o concello”. Indicou que a solución “require de vontade por resolver, e tamén de axilidade para facelo canto antes” e que por iso o PSOE fará especial fincapé na “solución definitiva deste des propósito, que leva anos producíndose por culpa da pasividade dogoberno municipal”.

López Bueno valorou que“Esta primavera seca, unida á longaduración das altas temperaturas deica ben entrado outubro, traeránproblemas graves de abastecemento” eavaliou que“consideramosimposible cumprir os prazos, pero coa presión da oposición xunto cosveciños, esperamos que se chegue á solución definitiva de cara ásegunda parte do período estival”.

Esta entrada fue publicada en Candidatura, eleccións municipais, estrada, Luis López Bueno. Guarda el enlace permanente.