O PSOE DE A ESTRADA PROPÓN INCLUÍR TURISMO NA CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E DOTAR DE ENTIDADE PROPIA Á IGUALDADE

Consideramos que a organización do goberno é ineficaz e precisa reestruturarse” manifestou López Bueno

A Estrada, 18 de xuño de 2019. O PSOE de A Estrada propón incluír Turismo na concellería de comercio e industria e dotar de entidade propia á igualdade. “Consideramos que a organización do goberno é ineficaz e precisa reestruturarse” manifestou López Bueno. O socialista entende que “é competencia do goberno organizarse, pero que a oposición estamos para facer propostas tamén neste sentido”.

Os socialistas propoñen incluír Turismo na área de Promoción económica, comercio e emprego por razóns lóxicas. “É unha maneira de dotar ao turismo da importancia que ten no desenvolvemento económico do concello. Ademais permitirá axilizar a coordinación de plans estratéxicos e iniciativas con outros motores económicos polo feito de incluír todo nunha mesma concellería”. O voceiro do PSdG – PSOE subliñou que “dende logo, ten máis sentido que unha concellería de Sanidade e Turismo como a actual”.

Respecto da área de igualdade, López Bueno considera que debe “gañar peso dentro da estrutura do goberno”. “Actualmente esta área lévaa Amalia Goldar, e consideramos necesario unha persoa se dedique en exclusiva a fiscalizar a acción de goberno dende a perspectiva da igualdade”. “Podería artellarse como unha colaboración coa área de Servizos Sociais, aínda que o ideal sería unha concellería propia”, valorou López Bueno. “As funcións da nova área irían máis alá das do CIM, permitindo a revisión de todas as políticas municipais”

Os socialistas entenden que “esas funcións deberían ser asumidas unha persoa con capacidade e coñecemento das iniciativas de igualdade, e debera contar con un equipo de traballo”.

A este respecto entenden a dificultade de dotar de persoal a esta nova área, pero indican que a futuro podería ser viable crear un servizo de igualdade completo. López Bueno tamén informou de que as propostas xa foron trasladadas en reunión cos voceiros dos grupos municipais do Pleno.

Esta entrada fue publicada en estrada, Luis López Bueno y etiquetada , , , , , , . Guarda el enlace permanente.