O PSOE DE A ESTRADA VALORA O ÉXITO DA VIII FEIRA DA SIDRA E PROPÓN MÁIS APOIO AO SECTOR PRIMARIO

A Estrada volveu a ser referente en Galicia e púxose en valor novamente a produción local”

A Estrada, 10 de xuño de 2019. O PSOE de A Estrada valora o éxito da Feira da Sidra, “un ano máis a feira foi todo un éxito, A Estrada volveu a ser referente en Galicia e púxose en valor novamente a produción local”. “As primeiras valoracións da organización son moi positivas, o que ten máis valor pola competencia coa Semana Verde que se celebrou en Silleda esta fin de semana” destacou López Bueno.

A pesar do éxito os socialistas son inconformistas, “cómpre apoiar decididamente ao sector primario, como está a facer a Deputación provincial a través da Ruta das maceiras en flor, por exemplo”.

López Bueno tamén destacou o papel dos lagares como ferramenta de promoción para A Estrada, “temos lagares que exportan a súa produción, competindo con sidras de calidade en mercados internacionais. Levan ao estranxeiro o nome do noso concello e asóciano aos conceptos de calidade e saber facer”.

Considera necesario “apoio institucional que se traduza en accións concretas como servizos e dotacións no entorno dos lagares, mellora das infraestruturas que faga máis sinxelo operar dende o rural e tamén levar a cabo políticas de promoción económica que poñan o acento nas actividades de transformación, que aparellan maior valor engadido”.

Esta entrada ha sido publicada en Candidatura y etiquetada como , , , . Guarda el enlace permanente.