O PSOE ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE ACTUAR IGNORANDO AO SECTOR DO MOBLE

Cos recursos que ten agora a Fundación, é moi complicado que poidan atraer expositores suficientes do sector profesional nin clientes para este mercado” manifestou López Bueno

A Estrada, 7 de xuño de 2019. O PSOE de A Estrada ten serias dúbidas sobre algunha das novidades anunciadas para a Feira do Moble 2019. “Incluír o contract na feira é interesante, pero cos recursos que ten agora a Fundación, é moi complicado que poidan atraer expositores suficientes do sector profesional, nin clientes para este mercado” manifestou López Bueno.

López Bueno recordou que “os socialistas solicitamos unha reunión para avaliar coa Fundación e os expositores os datos da feira 2018, pero esa petición aínda non foi atendida”.

O PSOE considera “datos baleiros” os ofrecidos respecto da feira do ano pasado xa que, “se indican porcentaxes de compra e intención de repetir visita, pero non se achega ningún tipo de dato económico”.

A Fundación precisa unha xerencia profesional

O PSOE tamén considera que “a Fundación precisa unha xerencia profesional”. “O goberno municipal debe presionar á Xunta de Galicia para recuperar esta figura no organigrama da Fundación”. Considérano necesario porque “temos unhas instalacións en competencia directa e feroz por atraer feiras con outros recintos” por iso demandan “un experto na xestión de eventos”. “O obxectivo con eses cambios debe ser explotar mellor as instalacións e levar á Feira do Moble a ser un referente autonómico e nacional”.

Esta entrada ha sido publicada en Candidatura y etiquetada como , , , , . Guarda el enlace permanente.