O PSOE DE A ESTRADA PROPORÁ INSTALAR OS COMPOSTEIROS COMÚNS APROVEITANDO O PLAN REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Financialo con fondos EDUSI como pretende o Goberno é un malgasto, podemos destinalos a outro proxecto, o plan revitaliza, non” manifestou López Bueno

A Estrada, 09 de xullo de 2019. O PSOE de A Estrada proporá instalar composteiros comúns aproveitando o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. López Bueno manifesta que “financialo con fondos EDUSI como pretende o Goberno é un malgasto, podemos destinalos a outro proxecto, o plan revitaliza, non”.

Os socialistas propoñen esta alternativa xa que “o plan cede os contedores e ademais financia mestres composteiros para que os contedores estean operativos”. Recordan que “o concello ten problemas de persoal, e para cumprir coa obriga que impón Europa será necesario dotar técnicos para mantelos”. Indican que a través das bolsas de emprego da Deputación, “facilitaríase moito contar con eses profesionais”.

Folga falar dos beneficios que veñen asociados coa instalación dos composteiros, seremos máis sostibles, xeraremos fertilizante, aforraremos en recollida e farémola máis sinxela…”, indicou López Bueno. Tamén se referiu á posibilidade de levar centros de compostaxe ao rural “en función da demanda”.

O voceiro socialista tamén fixo ver a súa preocupación polos prazos “No 2020 estaremos obrigados a reciclar o 50 % dos residuos orgánicos cos novos composteiros, e na Estrada aínda non avanzamos nada cando faltan menos de 6 meses para a entrada en vigor da norma”. López Bueno achácallo á deficiente xestión do Concello “incumpren calquera planificación que fan e os proxectos executados son radicalmente distintos dos proxectados”.

Esta entrada fue publicada en estrada, Luis López Bueno y etiquetada , , , , . Guarda el enlace permanente.