O PSOE SOLICITA COMISIÓN DE EDUCACIÓN PARA ANALIZAR A DISTRIBUCIÓN ESCOLAR, OS REFUXIOS ESCOLARES E DEMANDAR MELLORAS NO TRANSPORTE

Os socialistas fan valer os votos da cidadanía, que lles outorgou 8 concelleiros para forzar ao goberno a convocar unha comisión para tratar temas de educación

A Estrada, 27 de marzo. O PSOE da Estrada solicitou Comisión Informativa en materia de educación para obrigar ao goberno a explicar as accións levadas a cabo nesa materia. A solicitude responde ás queixas dos veciños de Callobre, Barbude e outras parroquias sobre a idoneidade da localización dos refuxios escolares (marquesiñas) nas que o transporte escolar recolle aos estudantes. A concelleira Amalia Goldar ten coñecemento destas reclamacións e comprometérase a analizalas. Ata o momento, non consta no PSOE que se fixera ningún avance nese estudo.

López Bueno ve «especialmente urxente» tratar o estudo da distribución das zonas de escolarización porque «dende fai algúns anos hai centros que están obrigados a unificar os grupos». Recordou que «xa houbo unha petición impulsada polo PSOE anos atrás, que alcanzara o acordo unánime e da que non se fixo absolutamente nada».

O candidato tamén destacou que «cómpre atender as reclamacións dos pais e nais cando solicitan cambiar de lugar unha marquesiña, especialmente cando existe consenso entre os veciños e a actuación é sinxela de executar». Ademais indicou que «a estas alturas do ano é inviable facer as modificacións necesarias, teremos que levalas a cabo de cara ao vindeiro curso».

Esta entrada ha sido publicada en Candidatura, estrada, Luis López Bueno y etiquetada como , , , , , . Guarda el enlace permanente.