O PSOE DA ESTRADA TACHA DE “IRRESPONSABLE” AO GOBERNO POLA ELIMINACIÓN DOS TURNOS DE NOITE DA POLICÍA LOCAL

López Bueno: “Agora que non hai roldas nocturnas da Policía Local, aparecen roubos en aparcamentos, hai unha relación de causa e efecto”

A Estrada, 23 de setembro de 2019.- O Partido Socialista da Estrada tacha de “irresponsable” ao goberno pola eliminación dos turnos de noite da Policía Local. López Bueno recordou que “o noso grupo municipal preguntou no pleno sobre esta cuestión, pero López Campos non tivo a ben responder”. Ademais ve unha relación de “causa e efecto” entre a eliminación das roldas nocturnas de vixilancia e os recentes roubos na Vila “a ausencia de roldas nocturnas fai que os delincuentes teñan máis facilidade para completar os roubos”.

López Bueno tachou de “disparate” a supresión do turno de noite da Policía Local. “Contratan auxiliares para reforzar o servizo en verán, e debilitan as labores de vixilancia, é un contrasentido”. Tamén lle achaca ao goberno “falta de planificación” respecto do persoal de Policía, “as xubilacións e as vacacións do persoal son previsibles, e hai maneiras de atallar as súas consecuencias antes de que se produzan”.

Os socialistas entenden que non abonda coas dotacións da Garda Civil para previr estes feitos, “a Garda Civil pode intentar atopar aos criminais, pero as roldas de vixilancia da Policía Local eran o instrumento máis eficaz de prevención”. Dende o grupo municipal do PSOE tamén amosaron a súa preocupación polo rural, “ata o de agora eramos unha das comarcas con menos criminalidade de toda a Provincia, pero estamos a padecer unha vaga de roubos que pode saltar ao rural, que sempre é máis vulnerable a estes feitos”.

López Bueno entende que “cómpre recuperar o turno nocturno canto antes, xa que estamos a falar da seguridade dos veciños e das veciñas. O noso grupo municipal tomará este asunto como prioritario e urxente, un concello como o noso non se pode atopar nesta situación de inseguridade”.

Esta entrada fue publicada en Candidatura. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *