O PSOE PIDE EXPLICACIÓNS AO ALCALDE JOSÉ LÓPEZ POLO PECHE DA PRAIA FLUVIAL DE LIÑARES SEN PREVIO AVISO EN HORARIO DE ACCESO LIBRE

Algúns veciños trasladáronnos os eu malestar por atopar as portas pechadas cando chegaron coa súa familia ás instalacións” manifestou López Bueno

A Estrada, 3 de xullo de 2021. O PSOE de A Estrada faise eco das queixas de veciños e veciñas da Estrada que querendo acceder as instalacións da praia fluvial de Liñares, dentro do horario de acceso libre fixado polo Concello, se atoparon cos portais pechados e pide explicacións ao alcalde José López.

Os socialistas lembran que A Estrada destina cartos do seu orzamento municipal para que todos os veciños e veciñas poidan facer uso destas instalacións privadas, dentro dun horario fixado e publicado. É máis, tense establecido por valor de 40.000 € un contrato cunha empresa para encargarse da atención aos bañistas neste espazo fluvial e nas piscinas municipais.

Dende o Concello deben dar explicacións e asumir as responsabilidades desta nova mostra de mala xestión. Non pode ser que os usuarios e usuarias que queren facer uso do seu dereito de desfrute das instalacións, pagado con impostos de todas e todos, se atopen coa porta pechada ao chegar, co conseguinte trastorno que isto ocasiona” manifestou o portavoz socialista Luis López Bueno.

O grupo municipal socialista ten certeza do peche da praia fluvial no que vai de temporada, “dende que o Concello manifestou que se abrían as instalacións ao público (o 15 do mes pasado), e dentro do horario que o Concello marcou no contrato coa empresa adxudicataria e que figura na porta de entrada –remítese fotografía de onte (venres 02 de xullo ás 17.30 h), o acceso resultaba imposible por atoparse os portais pechados con candado, sen ningún tivo de explicación nin aviso”

Pediremos ao Concello o establecemento dun sistema de aviso, en caso de incidencia con respecto á apertura diaria, para evitar que as familias e usuarios que desexen facer uso das instalacións se atopen as portas pechadas novamente. “Sen máis tardar o luns dirixirémonos ao Concello urxindo establecer un sistema de notificación e aviso. As novas tecnoloxías permiten informar debidamente aos veciños e veciñas”.

Esta entrada ha sido publicada en estrada, Grupo Municipal, Luis López Bueno y etiquetada como , , . Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *