Eleccións 2019


PROGRAMA ELECTORAL


CANDIDATURA

1.Luis López Bueno
Luis López Bueno
25 anos. A Estrada. Graduado en Dereito e Mestrado en Dirección de Empresas pola USC. Ata agora traballou na área xerencial dunha cooperativa do sector tecnolóxico.
2.Belén Louzao Vieites
Belén Louzao Vieites
37 anos. Licenciada en Ciencias Políticas. Máster en Cooperación Internacional. Docente de Formación e Orientación Laboral en FP. Natural de Matalobos, onde preside a Asociación de Mulleres. Concelleira e portavoz do Grupo Municipal Socialista na actual lexislatura. Reside en Frades.
3.Luis Rendo Araujo
Luis Rendo Araujo
52 anos. Técnico Especialista en Electrónica e Mecánica. Encargado no departamento de mantemento no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, para o Hospital Provincial de Conxo e o Psiquiátrico de Conxo. Concelleiro na actual lexislatura. Nado en Orazo, vive na parroquia de Oca, onde preside a Asociación de Veciños.
4.Amalia Lago Durán
Amalia Lago Durán
37 anos. Cursou o Ciclo Superior de Auxiliar Administrativo. Traballa como administrativa e asesora de saúde. Foi secretaria da alcaldía da Estrada durante 12 anos. Casco urbano.
5.Juan Carlos González Barcia
Juan Carlos González Barcia
43 anos. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Máster en Tributación e Sistema Fiscal. Traballa como funcionario de Facenda. Natural de París e residente no casco urbano.
6.Patricia Carracedo Durán
Patricia Carracedo Durán
35 anos. Licenciada en Bioloxía, exerce de profesora de secundaria. Natural de A Somoza, residente en Figueroa.
7.Natalia Arca Rozados
Natalia Arca Rozados
35 anos. Comerciante e estudante do ciclo de Técnico en Actividades Comerciais. Ribela.
8.David Barcala Villar
David Barcala Villar
29 anos. Traballador do sector do metal. San Andrés de Vea.
9.Silvia Loureiro Arjones
Silvia Loureiro Arjones
41 anos. Diplomada en Ciencias da Educación, na especialidade de Educación Infantil. Traballa nunha Escola Infantil. Residente no casco urbano.
10.Humberto Blanco Reino
Humberto Blanco Reino
41 anos. Licenciado en Económicas. Persoal laboral da Axencia Turismo de Galicia. Santa Cristina de Vinseiro.
11.María del Carmen Nodar Sanmartín
Carmen Nodar Sanmartín
48 anos. Traballadora de UGT Galicia dende 1997. Con raíces en Ribela e Guimarei, reside no casco urbano.
12.Luis Tarrío Calviño
Luis Tarrío Calviño
44 anos. Técnico en Xestión Administrativa. Traballa como administrativo nunha empresa local vinculada ó sector de transporte de viaxeiros. Santeles.
13.María Carmen Herrera Taboada
María Carmen Herrera Taboada
50 anos. Técnica Especialista en Prótese Dental. Traballou durante anos nunha clínica dental da localidade e na actualidade adícase ó comercio. Casco urbano.
14.Alexánder Neira Lagos
Alexánder Neira Lagos
26 anos. Secretario de Organización de Xuventudes Socialistas de A Estrada. Graduado en Ciencias Políticas. Ciclo Superior en Administración e Finanzas. Traballa nunha empresa de novas tecnoloxías. Reside no casco urbano.
15.Juan Carlos Fernández Martínez
Juan Carlos Fernández Martínez
47 anos. Enxeñeiro industrial. Profesor de Tecnoloxía en Educación Secundaria e de Instalacións Eléctricas e Automatismos en Formación Profesional. Corresponsal da Axencia Deportiva Galega, para a que segue os clubes Estradense e Estudiantil. Codeseda.
16.Noa Pampín Picallo
Noa Pampín Picallo
22 anos. Estudou un Ciclo Superior de Administración e Finanzas e traballa como administrativa nunha empresa de obras públicas. Pena do Foxo.
17.Manuel Fernández Cerdeira
Manuel Fernández Cerdeira
69 anos. Diplomado en Maxisterio, exerceu como profesor de Pedagoxía Terapéutica. Actualmente está xubilado. É concelleiro nesta lexislatura. Codeseda.
18.Rosa María Gonçalves Gómes
Rosa María Gonçalves Gómes
57 anos. Mestra de pintura no Colexio do Foxo. Nada en Venezuela e residente no Foxo.
19.Marcelino Brea Mella
Marcelino Brea Mella
52 anos. Diplomado en Ciencias da Educación e Titulado en Deseño de Interiores. Traballa como profesor de Educación Primaria. Ex Secretario Xeral da Federación de Traballadores do Ensino (FETE) de UGT Galicia. Callobre.
20.Ana Asorey Brea
Ana Asorey Brea
61 anos. Diplomada en Enfermería. Enfermeira no Centro de Saúde da Estrada. Concelleira na actual lexislatura. Entre 2007 e 2011 desempeñou funcións de Concelleira de Benestar Social. Natural de Vinseiro, vive en Santa Cristina de Vea.
21.José Antonio Dono López
José Antonio Dono López
63 anos. Licenciado en Medicina. Médico de familia no Centro de saúde da Estrada. Alcalde na lexislatura 2007-2011. San Pedro de Ancorados.
22.Marina Gómez Rendo
Marina Gómez Rendo
76 anos. Xubilada. Toda unha vida vinculada ó socialismo. Natural de Agar.
23.Manuel Otero Espiño
Manuel Otero Espiño
67 anos. Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Xeografía e Historia, exerceu como profesor no instituto local IES Nº1. Na lexislatura 2007-2011 desempeñou funcións de tenente alcalde e concelleiro de Medioambiente. Na actualidade está xubilado. Loimil.
24.María Josefa Neira Borrajeros
María Josefa Neira Borrajeros
73 anos. Cociñeira xubilada. Ribela.