LÓPEZ BUENO SINALA QUE A XESTIÓN DO ARRANXO DO RELOXO DO CONSISTORIO DEMOSTRA QUE “OS DO PP NON SE PREOCUPAN POLO AFORRO CANDO OS CARTOS SON DE TODOS”

O alcaldable do PSdeG lamenta que os populares “non se molestasen en buscar opcións” e pregúntase “con cantas máis contratacións terá pasado isto sen que o soubésemos”

“Non traballan buscando a eficacia, se non a foto e o titular”

A Estrada, 5 de abril de 2019.- O candidato á alcaldía do PSdeG de A Estrada denuncia que a xestión do concello na reparación do reloxo do consistorio “escenifica o xeito de facer as cousas que teñen os populares: tarde, mal e a rastro cando os cartos son de todos”.

Luis López Bueno lembra que os do PP “primeiro anunciaron na prensa que o ían arranxar por 13.000 euros porque non atopaban un prezo mellor, e cando chegou a boca de todos apareceu unha oferta por menos da metade”.

O alcaldable celebra que o arranxo do reloxo finalmente vaia a costarlle menos ós estradenses, mais lamenta que “o PP non se molestase en buscar opcións cando os que se malgastan son os cartos dos estradenses”, e pregúntase “con cantas máis contratacións terá pasado isto sen que o soubésemos”.

López Bueno critica que “en tres anos non se preocuparon por arranxalo, permitindo que a imaxe fose un burato tapado cun plástico na casa consistorial”.

“E agora que as eleccións están á volta da esquina éntralles toda a présa do mundo, porque non traballan buscando a eficacia, se non a foto e o titular” engade.

Esta entrada ha sido publicada en alcaldía, Candidatura, eleccións municipais, estrada, Luis López Bueno y etiquetada como , , , , . Guarda el enlace permanente.