O PSOE LAMENTA QUE O PP DEIXE MORRER Ó QUE FOI O SECTOR MÁIS IMPORTANTE DA ESTRADA: O DO MOBLE

O desinterese dos populares queda claro no orzamento municipal, no que baixa dez mil euros a partida para a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, encargada de organizar a Feira do Moble

A Estrada, 11 de abril de 2019.– O Partido Socialista da Estrada denuncia que a piques de rematar a lexislatura o actual equipo de goberno non fixo “absolutamente nada” por revitalizar o que sempre foi o buque insignia de A Estrada: o sector do moble.

A secretaria xeral do PSdeG da Estrada, Belén Louzao, acusa ós populares de permitir que dito sector fose “esvanecéndose ata chegar a tocar fondo”, tal e como demostra a cada vez menos concurrida Feira do Moble.

Louzao lembra que o PSOE, “preocupado por non deixar morrer ó sector tradicionalmente puntero de A Estrada”, insistiu en realizar unha reunión de traballo para analizar a eficacia dos cambios realizados e recoller novas propostas, e tamén propuxo unha plataforma web de ventas para que os mobleiros rentabilicen a súa presenza na feira todo o ano.

“Os do PP non só fixeron caso omiso ás nosas peticións, senón que lles da tan igual que o sector do moble vaia a pique que nin falan da organización da seguinte edición”.

“E, por se non quedaba claro que non lles importa perder o noso buque insignia, van e baixan 10 mil euros no orzamento á partida para a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, encargada de organizar a Feira do Moble” recalca Belén Louzao.

Esta entrada ha sido publicada en Candidatura y etiquetada como , , , , . Guarda el enlace permanente.