A PROFESORA PATRICIA CARRACEDO OCUPARÁ POSTOS DE SAÍDA NA LISTA DO PSDEG DA ESTRADA

Esta bióloga de 35 anos únese á candidatura socialista con moitas ganas de compaxinar o seu amor polo ensino e pola Estrada, traballando polos veciños e veciñas dende o Concello                                                

A Estrada, 18 de abril de 2019.- O PSdeG da Estrada ultima nestes días a súa candidatura ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.

Tras confirmar a continuidade no seu equipo de socialistas de renome, como Belén Louzao e José Antonio Dono, o candidato a alcaldía, Luis López Bueno, anuncia unha nova incorporación á súa lista: a profesora de secundaria Patricia Carracedo Durán.

Licenciada en Bioloxía pola USC, esta estradense de 35 anos, natural de A Somoza, e residente en Figueroa, únese á candidatura socialista con moitas ganas de compaxinar o seu amor polo ensino co seu amor pola Estrada, traballando polos veciños e veciñas dende o Concello.

Esta entrada fue publicada en alcaldía, Candidatura, concelleira, eleccións municipais, estrada, Luis López Bueno, patricia carracedo, profesora. Guarda el enlace permanente.