López Bueno critica que este anuncio “é a máis clara mostra de que o PP só traballa cando ve as urnas cerca”
“Se pensa que os veciños e veciñas non se dan conta desta realidade está subestimando a súa intelixencia”
A Estrada, 1 de maio de 2019.- O PSdeG da Estrada quere amosar a súa indignación despois de que o alcalde anunciase a apertura da alameda para o vindeiro 16 de maio, en plena campaña electoral para as eleccións municipais.
O candidato socialista á alcaldía, Luis López Bueno, denuncia que a declaración de intencións de López Campos “é a máis clara mostra de que o PP só traballa cando ve as urnas cerca”, e ten claro que “se pensa que os veciños e veciñas non se dan conta desta realidade está subestimando a súa intelixencia”.