Desenvolverán o programa Deporte e Saúde 5.5, destinado a fomentar actividade física entre os maiores de 55 anos
Crearán o proxecto Deporte na Natureza para potenciar as rutas BTT e de sendeirismo, os deportes de río…
A Estrada, 19 de maio de 2019.- O Partido Socialista estradense inclúe no seu ambicioso Plan de Deportes unha aposta polo fomento da actividade física entre os maiores polos seus beneficios saudables e sociais.
Para tal fin, creará o programa Deporte e Saúde 5.5, destinado ós veciños e veciñas maiores de 55 anos, que constará de varias fases. Tras unha primeira fase de avaliación da condición física da persoa, un Técnico Especialista en Actividades Físicas e Deportivas deseñará un programa deportivo adaptado a ela, acompañado dun programa nutricional axeitado. De forma paralela, dende o concello, se ofertarán actividades deportivas, como pilates, zumba, andainas…
Este proxecto se financiaría coa combinación de fondos públicos (propios do Concello e subvencións doutras entidades destinadas ó fomento dunha vida saudable) e aportacións (con prezos moi accesibles) dos propios usuarios.
Levar o deporte ó rural
O PSOE estradense aposta por levar a actividade deportiva ó rural empregando os pavillóns dos colexios e deseñando tamén actividades ó aire libre, potenciando así o coñecemento da riqueza turística estradense.
Xestionará os espazos naturais onde se pode levar a cabo actividade deportiva (rios,montes,circuítos urbanos…) e creará o Programa Deporte na Natureza para potenciar as rutas BTT e de sendeirismo, os deportes de rio…
Bonos deportivos
Os socialistas, de chegar ó goberno, crearán un bono mensual da piscina municipal para abaratar o seu custo ós que usan as súas instalacións de maneira frecuente.
Ademáis, porán a disposición das familias con menos recursos, (ó igual que xa anunciaron coas actividades culturais) bonos para facilitar o seu acceso ás actividades deportivas de pago.