O PSOE CREARÁ APARCADOIROS PÚBLICOS EN SUPERFICIE PARA DINAMIZAR A ZONA URBANA E COMERCIAL

Apostarán por construilos a ras de terra, e non subterráneos, porque resultan moítisimo máis económicos

Aumentarán e reforzarán as rutas de transporte público existentes

A Estrada, 20 de maio de 2019.– O Partido Socialista da Estrada, trala súa chegada ó goberno municipal, creará maís aparcamentos públicos en superficie (e mellorará os existentes) para atallar os problemas de aparcamento no casco urbano, e así dinamizar a zona comercial e hostelera.

O PSOE apostará por construilos a ras de terra, e non subterráneos, porque resultan moitísimo máis económicos para as arcas municipais.

Ademáis destes aparcamentos, habilitará na zona comercial prazas sinalizadas para o estacionamento de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida, ó tempo que se eliminarán as barreiras arquitectónicas para ofrecer unha Estrada accesible para todos e todas.

Os socialistas apostan tamén por unha dixitalización da zona azul, que continuará sendo gratuíta, para facela máis cómoda e facilitar o sistema de rotación dos vehículos estacionados.

Para os que optan polo transporte público, tamén se aumentarán e reforzarán as rutas existentes.

Puntos de ocio
Na zona da Praza da Feira instalarase un gran parque cuberto que permita que os máis pequenos xoguen refuxiándose tanto do sol intenso como da choiva.

Este parque estará acompañado por pequenos puntos de ocio deslocalizados polo casco urbano, no que se ofrecerá un servizo de monitorado rotatorio, que aumentarán o atractivo da zona comercial para os pais e nais.

Esta entrada ha sido publicada en Candidatura, eleccións municipais, estrada, Luis López Bueno y etiquetada como , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.