Larriba explica que esta demanda histórica de A Estrada continúa paralizada pendente de trámites da Xunta de Galicia
O alcaldable lamenta que “a pesar de presumir de contar co apoio máximo da Xunta, López Campos non conseguiu axilizar a construcción dunha demanda histórica para os estradenses”
A Estrada, 21 de maio de 2019- A subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, mantivo esta tarde unha reunión co candidato socialista á alcaldía de A Estrada, Luis López Bueno, a petición deste, para informarlle do estado da variante.
Neste encontro Larriba explicou que o Goberno Central continúa sen poder iniciar a obra ante a demora da Xunta de Galicia en elaborar a nova Declaración de Impacto Ambiental, insistindo en que sen este documento da Subdirección Xeral de Patrimonio o Estado non pode facer nada.
López Bueno agradeceu a Larriba a súa visita e as súas explicacións, e lamentou que “a pesar de levar oito anos presumindo de contar co apoio máximo da Xunta, López Campos non conseguiu axilizar a construcción dunha demanda histórica para os estradenses”.
“Eu presionarei á Xunta, que en 2020 estará presidida por Gonzalo Caballero, para que axilice os trámites necesarios para a construcción da variante, e para que remate dunha vez por todas a Autovía Santiago-A Estrada, que é da súa competencia” sentenciou o alcaldable socialista.