LÓPEZ BUENO REVELA A EXISTENCIA DUN ESCRITO DE MAIO ONDE COVSA ADVIRTE DE QUE A TERRA “NON É O PAVIMENTO AXEITADO” PARA A FEIRA

O voceiro socialista pedirá responsabilidades no pleno de mañá ante a irresponsabilidade do alcalde e do concelleiro de urbanismo

6 de xullo. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Luis López Bueno, esixirá explicacións no pleno do xoves ante o escrito que presentou COVSA con data 12 de maio de 2022, a propósito da terra que se proxectaba instalar na Praza da Feira.

López Bueno explica que os responsables da execución da obra advertiron ao Concello nesa data de que “o pavimento Hanse Grand non é o adecuado”. O líder socialista considera “inaceptable” que nin o alcalde nin o Concelleiro de Urbanismo fixeran caso das advertencias que se lle facían dende a propia empresa que o instalaría, e valora que “ou mentiron sobre o pavimento ou non tiñan nin idea do que se xestiona no Concello que en teoría dirixen”.

O socialista tamén ve “indecente” que tanto o alcalde como o Concelleiro de urbanismo lle mentiran aos veciños “en público e en privado” garantindo que o firme da praza soportaría as actividades que se viñan organizando nela. Tamén valorou que é “pouco serio” que o pasado 23 de xuño os dous membros do PP se contradiciran: Louzao pedindo unha oportunidade para a terra e o Alcalde anunciando medidas para corrixir a desfeita.

O portavoz comparte a preocupación dos feirantes a respecto dos novos problemas que plantexa o firme, xa que ao mal olor e ao feito de que non soporta a auga hai que unirlle o desgaste que xa comeza a sufrir o terreo, que provoca o levantamento de pó solto.

Advirte de que é un problema “de difícil solución” e consultará aos técnicos para valorar posibles respostas. Ademais, asegura que “e que é moi incómodo” segundo denuncias que lle fixeron chegar os usuarios da praza.

López Bueno advirte de que nesas condicións “a praza vai ser inútil chova ou faga sol” ao ser “claramente incómoda” faga o tempo que faga. Nese sentido, reclamará unha reunión urxente cos técnicos municipais para valorar posibles solucións aos tres problemas que plantexa a praza.

Por todo iso, o voceiro socialista preguntará no pleno se o goberno municipal iniciou xestións para unha solución ao firme da praza ou se a terra quedará como está.

Esta entrada fue publicada en Candidatura. Guarda el enlace permanente.