O líder socialista valora que “o único que non ten proxecto para o centro médico antigo é o alcalde, os demais si que o temos”.
25 de xaneiro. Luis López Bueno valorou como “preocupantes” as declaracións do alcalde sobre o edificio do vello centro de saúde. Para o líder socialista é “inexplicable” que o alcalde non teña proxecto para un edificio de grandes dimensións en pleno casco urbano.
A este propósito, recordoulle a proposta socialista de habilitalo como Centro Integral de Atención Social e centralizar nas mesmas instalacións toda a carteira de servizos socias que agora está “en múltiples instalacións que non son as axeitadas”.
López Bueno indica que o Banco de Alimentos e o Centro de Atención Temperá (proposto tamén polos socialistas) están nun piso da avenida Benito Vigo cedido ao Concello por un particular, e que as instalacións do Novo Mercado non son as máis acaídas para acoller o Centro de Día, Alzheimer e Espazo Concilia. Tamén afirma que “o único que non ten proxecto para o centro médico antigo é López Campos, os demais si que o temos”.
O voceiro socialista ve “ao alcance do Concello” chegar a un acordo coa Tesourería Xeral da Seguridade Social sobre as instalacións do centro de saúde antigo. Segundo as súas consultas co Goberno do Estado, ve “viable” unha cesión total ou parcial do edificio e remarca que tratándose de administracións públicas, nunca se esixirían prezos de mercado. O que está claro é que o Concello o que ten a pelota no seu tellado e debe iniciar a negociación coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Anticipa que “se o alcalde vai por aí, terá todo o noso apoio”.
Tamén indicou que “se en algún momento se amplía a carteira de servizos sociais farán falta espazos novos” e ve como “ideal” o acondicionamento do antigo centro de saúde. O PSOE insiste en que a ubicación é inmellorable, revitalizaría unha zona do casco urbano que está a notar a marcha do ambulatorio, permitiría mellorar as instalacións actuais e ter sitio para ampliar prazas e prestar novos servizos. López Bueno asegura que “estamos cargados de razóns e conseguiremos que sexa unha realidade, co PP ou sen el”.
López Bueno tamén ve “pouco intelixente” que o PP pretenda aparcar este asunto sen intentar esgotar todas as opcións. O voceiro socialista asegura que “o alcalde sabe que o financiamento da obra de acondicionamento non será ningún problema porque o Plan Concellos xa permite o investimento na reforma e as condicións da cesión poden axustarse aos requisitos de hipotéticos fondos europeos”.
Con ese marco, López Bueno considera que “ten pouco sentido” que o Concello deixe escapar a oportunidade de poñer en valor un edificio que está en pleno casco urbano. Tamén instará a que o alcalde deixe de sementar “edificios baleiros” e aproveite as