LÓPEZ BUENO PEDIRÁ DETALLES SOBRE O FUTURO ARRANXO NA PRAZA DA FEIRA

Considera que o PP tivo que recoñecer que executaron unha obra defectuosa e pedirá detalles sobre “quen vai pagar o arranxo da chapuza que recibiron”

31 de outubro. Luis López Bueno pedirá detalles sobre o anuncio de melloras na praza da feira que fixo o PP esta fin de semana. O líder socialista levará ao pleno diversas cuestións sobre a actuación que se prevé facer e o financiamento que se require para “arranxar a chapuza que recibiron”.

López Bueno valorou que este anuncio do PP responde a que o tempo demostrou que o Grupo Municipal Socialista e a empresa que completou as obras “tiñamos toda a razón nas nosas críticas” e indicou que ao PP non lle quedou outra saída que “dar o brazo a torcer diante do que é unha evidencia”.

Ademais pedirá detalles sobre o financiamento das actuacións que se realizarán, porque “é bo que os veciños e veciñas saibamos canto nos vai custar arranxar as desfeitas do PP”. Recordou que o PP “estaba advertido dende maio por un escrito que COVSA dirixiu ao Concello” e ve “indecente” que o PP recibira unha obra que custou 824.000 euros de todos os veciños e veciñas e que demostrou “ser unha chapuza”.

O socialista bota en falta a “defensa numantina” desa obra que facía Gonzalo Louzao durante os meses do verán e pregúntase “onde quedan agora as súas declaracións públicas e a defensa do proxecto tal e como está”. De todas as maneiras, López Bueno agradécelle a López Campos e a Louzao que “entraran en razón aínda que xa sexa moi tarde”.

Desvelou que “incluso os concelleiros do PP eran capaces admitir que a obra non cumpría o prometido” e consideraban “un escándalo” recibir a obra tal e como se executou, o que lle fai pensar que “hai concelleiros do PP que pintan moi pouco no goberno local” e que “non hai un goberno serio”.

Esta entrada fue publicada en Candidatura. Guarda el enlace permanente.