López Bueno anuncia outro membro da súa candidatura, que xa foi concelleiro socialista no mandato 2015–2019
13 de abril. O PSOE da Estrada anunciou o número 3 da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Trátase de Román Suárez Porto, de 33 anos nado na parroquia de Lamas e residente no casco urbano.
Román é enxeñeiro técnico industrial (especialidade en mecánica) e enxeñeiro industrial (especialidade organización). Desempeñou a súa actividade profesional durante 4 anos na empresa privada e nos últimos 6 anos é empregado na Administración Xeral do Estado na Escala de Titulados de Escuelas Técnicas de Grado Medio de Organismos Autónomos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A súa actividade profesional desenvólvese na provincia de Pontevedra e realiza colaboraciòns a nivel nacional, europeo e con organizacións internacionais. Preséntase na lista do PSOE para “sacar A Estrada da deriva estétuica dos últimos anos para convertila nunha rexión próspera onde haxa traballo para a xente nova, evitando a marcha dos que están chamados a ser o futuro do noso pobo”.
López Bueno dixo estar contento co regreso de Román, que se tivera que ir da Estrada por motivos profesionais. O líder socialista manifestou que “é un exemplo perfecto do que pasa no noso concello. A falta de oportunidades laborais fai que a xente teña que ir fóra. No caso de Román houbo sorte, puido regresar, pero que desgraciadamente non é o caso máis común”.