BELÉN LÓPEZ PENA SERÁ A NÚMERO 4 DO PSOE NAS ELECCIÓNS DO 28 DE MAIO

É asesora de banca persoal nunha entidade financeira, incorpórase ao equipo de López Bueno “con moitas ganas de traballar polos veciño e veciñas”.

O PSOE continúa anunciando incorporacións á súa candidatura para as  vindeiras eleccións municipais. Neste caso trátase de María Belén López Pena, veciña do casco urbano de 48 anos. Belén traballa no sector bancario como asesora de banca persoal e é Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela.

Belén síntese “ilusionadísima” co proxecto do PSOE para A Estrada e chega “con todas as ganas do mundo” para traballar polos veciños e veciñas.  Considera que “hai centos de cousas que mellorar no pobo” e que por iso é necesario “cambiar para mellor”.

López Bueno manifestou a súa satisfacción por contar con Belén dentro da súa candidatura. Valora que ten un perfil “inmellorable” e que reúne todas as condicións para ser unha grandísima concelleira. Pona como exemplo do que será o equipo socialista, “de trato moi fácil, accesibles para todos os veciños e veciñas e co compromiso de preocuparse polas demandas da xente”.

Tamén indicou que a incorporación de Belén é un indicador da “enorme  saúde” do proxecto do PSOE da Estrada. Salientou que o PSOE é a única forza política que está sendo capaz de atraer persoas de todos os ámbitos para formar parte dun gran equipo.

López Bueno indicou que nos vindeiros días “aceleraremos o número de presentacións” para que todo o mundo poida comprobar que o PSOE da Estrada ten a mellor candidatura “de largo” para estas eleccións municipais.

Esta entrada fue publicada en Candidatura, Luis López Bueno. Guarda el enlace permanente.