Amalia Lago ve “discriminatorio” que a falta de transporte deixe
fóra do campamento deportivo a centos de familias
22 de agosto. O PSOE reclama melloras para os campamentos que
organiza o Concello da Estrada. Amalia Lago, Raquel Giao e Eladia Gañete
contactaron con familias usuarias e con outras que non poden acudir polos
horarios e falta de medios de transporte para os nenos e nenas. Consideran
que nas parroquias “existe unha realidade de dispersión que se debe ter en
conta” porque “as familias que viven nas parroquias tamén deben ter opción
de conciliar”.
Amalia considera que os campamentos deportivos e os organizados por
servizos sociais deben ser distintos porque “persiguen obxectivos
diferentes”, pero non ve razoable que “centos de familias non poidan
acceder aos campamentos deportivos por falta de transporte”, e é que “é
complicadísimo que unha familia poida acercar aos fillos e fillas á Estrada
neses horarios”.
Amalia manifesta que “é claramente discriminatorio” e considera que “para
o vindeiro ano sería “o máis xusto” poñer máis recursos municipais e dotar
medios de transporte para que “independentemente de onde vivas poidas
acceder aos mesmos campamentos”.
Amalia Lago valorou que “este tipo de cousas son as que provocan
despoboamento nas parroquias” e considera que “todo é unha cuestión de
prioridades, as parroquias deben ter servizos aínda que sexan máis caros de
prestar”.
Ademais diso, considera que é “pouco razoable” que os cativos e cativas do
campamento deportivo (que se organiza no casco urbano) vaian de
excursión ao parque acuático de Cerceda mentres os campamentos rurais e
o do Pérez Viondi non tiveron “ningunha saída comparable a esa, é algo que
o PP debería explicarlle ás familias usuarias”.
Lago tamén considera que “A Estrada debería comportarse como cabeceira
comarcal e pedir que a Xunta organice aquí un campamento específico para
nenos e nenas con necesidades especiais”. Faise en Concellos como
Carballiño ou Nigrán, e A Estrada tamén debería optar a un deses
campamentos.
-


Atópanos
Dirección:
Prolongación rúa Alfonso Rodríguez Castelao, Nº 16 Baixo
36680 Estrada, A (Pontevedra)Teléfono:
+34 986 571 991Correo-e:
psdgpsoe.aestrada@gmail.com-