O PSOE DECEPCIONADO POLOS ESCASOS COMPROMISOS DO CONSELLEIRO DE SANIDADE

Luis López Bueno valorou como “pouco rendible” a visita do Conselleiro de Sanidade á
Estrada. Lamenta que non haxa compromisos en Pediatría, Dermatoloxía, Xinecoloxía
ou Uroloxía.
O PSOE da Estrada valorou como “decepcionante” a visita do Conselleiro de Sanidade á
Estrada. Consideran que os compromisos adquiridos por Gómez Caamaño quedan “moi
curtos” para as demandas actuais dos veciños e veciñas da Estrada en materia de
atención sanitaria.
Luis López Bueno lamentou que non transcendera “absolutamente nada” dunha
ampliación de servizos “ambiciosa” no Centro de Saúde da Estrada. O líder socialista
entende que os veciños e veciñas demandan da Xunta “moitos máis servizos” no centro
de saúde como son unidades de Dermatoloxía, Xinecoloxía e Uroloxía, e a ampliación do
servizo de Pediatría cun turno de tarde. “Desgraciadamente, non houbo ningunha
declaración sobre estas posibilidades”.
O voceiro socialista entende que o estado de saturación dos diferentes servizos nos
Hospitais de Santiago de Compostela cáusanlle un perxuízo aos veciños e veciñas da
Estrada que se deben desprazar á capital para acudir ás consultas, polo que “a nosa
aposta é reforzar a atención no Centro de saúde da Estrada” e así evitar
“desprazamentos, preocupacións e esperas para os pacientes”.
Avanzou que dende o PSOE local traballarán nese sentido porque “temos grandes
profesionais da sanidade na Estrada” e chamou ao goberno local a “non conformarse”
porque “un concello como A Estrada merece máis servizos e unha aposta ambiciosa polo
Centro de Saúde”.
Sobre o anuncio do programa de diálese, López Bueno considera que “é a única boa
nova que saíu da xuntanza” pero aclara que “a iniciativa ten que ser apreciada polos
pacientes, se non será un esforzo sen recompensa”.

Esta entrada ha sido publicada en Grupo Municipal, Luis López Bueno y etiquetada como , . Guarda el enlace permanente.