O PSOE da Estrada volveu a dirixirse ao Ministerio de Transportes para reiterar a
necesidade de melloras no firme da N-640 ao seu paso polo Concello e outras melloras
na seguridade viaria no casco urbano e en tramos como Liñares ou o cruce do Sol.
Luis López Bueno apoiou esta acción nos escritos presentados polo Grupo Municipal. Socialista dende o 2021 e que dan boa conta da situación actual en todo o trazado da N-
640. Recordou que ademais da necesidade de cambiar o firme, xa no seu momento se solicitaron medidas de calmado do tráfico en Liñares, unha nova incorporación no Sol e
diversas melloras no tramo urbano, sobre todo nos pasos de peóns.
O líder socialista tamén fixo referencia ao gran traballo da Policía Local sobre as
deficiencias detectadas e os informes emitidos que lle foron trasladados ás autoridades
competentes. “Eses infornes técnicos poden ser fundamentais para que se executen as
melloras que todos reclamamos” apuntou López Bueno.
Indicou que é “inaceptable” que aínda non se tomaran medidas de mellora da visibilidade
nos pasos de peóns a pesar do elevado número de atropelos rexistrados nos últimos anos.
Anunciou que se marca como obxectivo para o 2025 que “haxa melloras na N-640, sobre
todo no estado do firme” e tamén “algunha das melloras máis urxentes na seguridade
viaria”. A ese propósitio xa iniciou as “xestións que teño de man”.
O voceiro socialista destacou que as autoridades do Goberno de España en Galicia e
Pontevedra teñen coñecemento da situación e está no seu ánimo “resolver esas demandas
que levamos tempo trasladando”.
López Bueno tamén fixo referencia no seu escrito ao estado de tramitación da variante,
que continúa atascada no informe ambiental do túnel do Preguecido, sen que ata o
momento saíra adiante. Destacou o seu descontento porque “a contratación dese informe
quedou orzamentada no PGE do 2023 e debería xa estar feito. A variante é fundamental
para cambiar o modelo urbano da Estrada”.
Ademais espera que a Xunta de Galicia “cumpra coas súas obrigas” a pesar de que o PP se negara a incluír no Orzamento do 2025 dotacións específicas para as melloras na PO-
213 (A Estrada-Ponte Ulla) e PO-841 (A Estrada-Santiago).
López Bueno destacou que nesta última “é a estrada na que hai un maior índice de
sinistralidade” e que en abril de 2024 o PSOE fíxolle chegar á Consellería de
Infraestruturas unha serie de propostas para mellorar a seguridade viaria e solicitou un
informe técnico para implementalas “pero a Xunta aínda non fixo nada”.