O PSOE RECLAMA O REFORZO DO PROGRAMA DE ASFALTADOS DAS VÍAS MUNICIPAIS

Luis López Bueno explicou que no 2024 unicamente se asfaltaron 8 pistas. Pídelle a Gonzalo Louzao que “sexa serio e manteña a súa promesa de invertir máis dun millón
de euros anuais”

O PSOE da Estrada continúa reclamando que o goberno municipal cumpra coas súas
promesas de mellora da rede viaria municipal e reforce o programa de asfaltados de
pistas despois dun 2024 “negro” para as parroquias.

Luis López Bueno explicou que no ano 2024 “só se destinaron a asfaltados 250.000
euros que deron para asfaltar 8 pistas en todo o Concello”. Valorou como ridícula esta
partida de investimento e comparouna cos salarios dos Concelleiros do PP e do seu
persoal nomeado a dedo “que superan os 310.000 euros anuais. Está claro que a prioridade do PP é cobrar ben, non facer inversións no rural” manifestou.

Ademais, López Bueno pediulle a Gonzalo Louzao que “manteña a promesa de invertir
máis dun millón de euros anuais, que foi el quen o dixo”. Á vista do 2024, o balance
está moi por baixo dese obxectivo e a rede de pistas deteriórase cada vez máis.
Por iso, o líder socialista reclámalle a Gonzalo Louzao que “cumpra coa súa propia
promesa de superar o millón de euros anual en asfaltados”. Ademais, considera que o
alcalde acaba de roubarlle 800.000 euros ás parroquias porque “destinará o Plan Extra
da Deputación á humanización da Farola.

Os fondos da Deputación podían ir a asfaltados, e o proxecto da Farola cabía
perfectamente nos Fondos Europeos, dos que este Goberno só solicitou o 66% (10
millóns cando podían solicitarse 15).

Asimesmo, López Bueno considera que Gonzalo Louzao debería “taparse un pouco” á
hora de falar sobre os remendos da N-640. López Bueno comparte que é inaceptable o
mal estado desa carretera “e así llo fixemos saber ao Subdelegado do Goberno tanto
Gonzalo coma min nunha reunión que mantivemos no Concello, e eu por separado en
moitas outras ocasións”. Dito isto, “cando Gonzalo ten a rede municipal como a ten e
paralizou as inversións en asfaltado, quizais non é a persoa máis indicada para falar da
conservación de carreteras”.

Esta entrada ha sido publicada en Luis López Bueno y etiquetada como . Guarda el enlace permanente.