Román Suárez valorou como «insuficiente e tardía» a proposta de medidas para a mobilización de vivenda que se debateu onte na comisión de Reto Demográfico. O concelleiro socialista considera que «as propostas viñeron a medio facer e por iso a moción quedou enriba da mesa, sen ditame».
Suárez destacou o feito de que «estamos ante o goberno que levou á Estrada á situación máis delicada que se recorda» e parece que non acertan coas medidas a tomar. Explicou que proposta dunha bolsa de vivenda xa a fixemos oa socialistas hai 5 anos, e que agora o PP intenta vendela como nova.
Vaticinou que «cos escasos incentivos que se dan e a organización que propón o PP, a bolsa de vivenda vai ser un fracaso».
Suárez ve ao goberno na procura de medidas milagro que non existen, había que facer política de vivenda moito antes.
O concelleiro valorou positivamente o esforzo, pero recordou que esas medidas non van a reverter a tendencia actual, que só se solucionará con políticas económicas e industriais ben distintas ás que desenvolveu o goberno do PP.
Tamén valorou o acordo que tomou o Consello de Goberno da Xunta sobre a vivenda pública na Estrada. Considera que o goberno da Estrada «quedou a medias» porque «o Concello cedeu uns terreos anexos a un solar do IGVS» e anunciou que se construirían 60 vivendas neles. Ao final «o solar que xa era do IGVS non se toca e constrúense só 28 vivendas, Gonzalo Louzao fixo mal os seus deberes na reunión coa conselleira».
Destacou que, mentres en outros concellos como Teo ou Lalín ven desde unha posición cómoda unha ampliación do seu parque de vivendas públicas, nós temos que velo como un salvavidas e todo eso e grazas única e exclusivamente os que levan dirixindo o concello os últimos 14 anos