SEDE XUDICIAL DE A ESTRADA

A Estrada é o último concello de Galicia que terá unificadas as súas sedes xudiciais no mesmo edificio. Luis López Bueno considera que tanto Xunta como Goberno municipal deberían fuxir de triunfalismos e autoaplausos sobre o novo edificio xudicial da Baiuca.

O líder socialista considera que esa infraestrutura é «absolutamente necesaria» pero advirte de que «a Xunta chegará 14 anos tarde». López Bueno explicou que a Xunta publicou en 2010 o Plan de Infraestruturas Xudiciais 2010-2015, e que A Estrada «nunca foi unha prioridade a pesar de ter ao xulgado n°2 nunha sede provisional durante 13 anos».

Dese plan, A Estrada sera «o último Concello de Galicia» en ter unificadas as súas sedes xudiciais. Bueno opina que é un claro reflexo da «perda de peso específico» que está sufrindo A Estrada respecto do conxunto de Galicia.

López Bueno tamén afeou que a Xunta «volvera incumprir coa Estrada» porque o propio Alfonso Rueda, hoxe Presidente da Xunta, anunciou no 2021 a bombo e platillo unha nova sede xudicial «construída e operativa no verán de 2023». O líder socialista ve «ridículo» que o Presidente fora «incapaz de manter o único compromiso que asumiu coa Estrada».

O voceiro considera que «agora visita A Estrada Diego Calvo, que podería ofrecer explicacións sobre todo isto pero moito me temo que non o vai facer».

O socialista valorou que a Xunta presenta agora con un edificio «recortado» que non cumpre as expectativas xeradas no 2021. Contrapuxo a remodelación do proxecto para abaratar custos coas presentacións da Xunta na que «non se escatima en gastos para pantallas, infografías ou o que faga falta».

Esta entrada ha sido publicada en Luis López Bueno y etiquetada como . Guarda el enlace permanente.