Eleccións 2023

PROGRAMA ELECTORAL

CANDIDATURA

LISTA
1.
Luis López Bueno: 29 anos. Natural de San Miguel de Castro e residente no Casco urbano. Licenciado en Dereito, Mestrado en Dirección de Empresas e Traballador da Administración de Xustiza. Forma parte da Dirección do PSdeG. Voceiro do Grupo Municipal Socialista no mandato 2019-2023.
2.
Amalia Lago Durán: 41 anos. Natural de Tabeirós reside no Casco urbano. Ciclo superior de Auxiliar Administrativo. Traballadora do sector seguros. Foi Secretaria da Alcaldía da Estrada durante 12 anos. Forma parte da Dirección Provincial do PSdeG de Pontevedra. Concelleira do Grupo Municipal Socialista no actual mandato.
3.
Román Suárez Porto: 33 anos. Natural de Lamas e residente no Casco urbano. Román é enxeñeiro técnico industrial (especialidade en mecánica) e enxeñeiro industrial (especialidade organización). Empregado do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Foi Concelleiro do Grupo Municipal Socialista no mandato 2015-2019.
4.
Belén López Pena: 48 anos. Veciña do Casco urbano. Licenciada en Historia da arte. Traballa como asesora de banca persoal nunha entidade bancaria.
5.
Juan Carlos González Barcia: 47 anos. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Máster en Tributación e Sistema Fiscal. Traballa como funcionario de Facenda na Estrada. Natural de París e residente no casco urbano.
6.
Raquel Giao Terzado: Residente en Arnois, ten 51 anos. Traballa no comedor do CEIP de Figueroa e estudou Educación Infantil. Foi responsable de conciliación dese mesmo colexio durante 14 anos, e estivo 13 anos na ANPA, dende a que crearon o servizo de conciliación, servizo de comedor e Plan Madruga. Ademais foi fundadora de FESAMPAS.
7.
José Manuel Calvelo Loureiro: Natural de San Andrés de Vea reside na vila ten 40 anos. Traballa como comecial da zona norte da península ibérica no sector de de maquinaria agrícola-forestal, xardinería, submisnistracións eléctricas e transporte. Durante 10 anos estivo ligado á empresa familiar Motos Calvelo e dise moi comprometido coa vida no rural.
8.
Eladia Gañete López: Veciña de Callobre de 48 anos. Traballa como profesional de panadería dun supermercado da Estrada. Moi comprometida coa vida social da parroquia, foi fundadora da Asociación de Mulleres A Sobreira de Callobre, colabora activamente coa asociación de veciños e veciñas Isaac de Callobre e é Secretaria da Asociación O Castro de Callobre. Aporta as ganas e ilusión de darlle aos estradenses o cambio que merecen.
9.
Ángel Bergueiro González: Residente na Avenida de Santiago de 45 anos. É celador de quirófano do Hospital médico quirúrxico de Conxo. Forma parte da Asociación de Veciños da Avenida de Santiago, dende a que reclaman melloras para a rúa. Cre nun modelo urbano que teña en conta a todas as zonas da vila.
10.
Esther Domínguez Castro: Rexenta o Bar O Panadeiro de Codeseda e ten 55 anos. Traballou durante 21 anos no servizos de reprografía e impresións da facultade de Xornalismo da USC. Dinamiza Codeseda a través das iniciativas que levan adiante dende o seu negocio.
11.
Roi Rey Penín: 22 anos. Veciño de Pardemarín. É Técnico en produción agropecuaria e traballa nunha explotación gandeira de vacas de leite na parroquia de Parada. Ademais colabora na explotación familiar. Tamén traballa en hostalaría.
12.
Sonia Silva Blanco: 36 anos. Natural e residente en Montillón (Souto). Rexenta unha barbería na Avenida de América da Estrada.
13.
Alejandro Pequeño Figueiras: 29 anos. Natural de Couso e residente na mesma parroquia. Traballador autónomo na rama da construción. Titular da Ganadería Alejandro Pequeño, que compite a nivel nacional.
14.
Olalla Otero Payno: 43 anos. Veciña de Loimil. Estudou Informática de xestión e maxisterio pola especialidade de educación musical. Traballa como mestra de educación infantil e primaria dende o ano 2004, e dende o 2009 é Secretaria no CPI Progreso de Catoira. Foi clarinetista na Banda recreativa e cultural de Bandeira e impartiu clases como mestra na súa escola.
15.
Alexander Neira Lagos: 30 anos. Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de A Estrada. Graduado en Ciencias Políticas. Ciclo Superior en Administración e Finanzas. Reside no casco urbano.
16.
Katy Herrera Taboada: 54 anos. Técnica Especialista en Prótese Dental. Traballou durante anos nunha clínica dental da localidade e na actualidade adícase ó comercio. Casco urbano.
17.
Javier Rodríguez Diéguez: 48 anos. Natural e residente en Tabeirós. Autónomo da rama de Fontanería.
18:
Patricia Carracedo Durán: 39 anos. Licenciada en Bioloxía, exerce de profesora desecundaria en Barro. Natural de A Somoza, residente en Figueroa. É concelleira actual do Grupo Municipal Socialista.
19.
Humberto Blanco Reino: 45 anos. Licenciado en Económicas. Persoal laboral da Axencia Turismo de Galicia. Santa Cristina de Vinseiro.
20.
Belén Louzao Vieites: 41 anos. Licenciada en Ciencias Políticas. Máster en Cooperación Internacional. Docente de Formación e Orientación Laboral en FP. Natural de Matalobos, onde preside a Asociación de Mulleres. Concelleira do Grupo Municipal Socialista no actual mandato e Secretaria Xeral da Agrupación Socialista da Estrada. Reside en Frades.
21.
Luis Rendo Araujo: 56 anos. Técnico Especialista en Electrónica e Mecánica. Encargado no departamento de mantemento no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, para o Hospital Provincial de Conxo e o Psiquiátrico de Conxo. Concelleiro no actual mandato. Nado en Orazo, vive na parroquia de Oca, onde preside a Asociación de Veciños.
Suplente 1.
Marina Gómez Rendo: 80 anos. Xubilada. Toda unha vida vinculada ó socialismo. Natural de Agar.
Sulplente 2.
José Antonio Dono López: 67 anos. Licenciado en Medicina. Foi Médico de familia no Centro de saúde da Estrada. Alcalde no mandato 2007-2011. San Pedro de Ancorados.
Suplente 3:
Ana Asorey Brea: 65 anos. Diplomada en Enfermería. Enfermeira no Centro de Saúde da Estrada. Concelleira na actual lexislatura. Entre 2007 e 2011 desempeñou funcións de Concelleira de Benestar Social. Natural de Vinseiro, vive en Santa Cristina de Vea.
Suplente 4.
Manuel Fernández Cerdeira: 73 anos. Diplomado en Maxisterio, exerceu como profesor de Pedagoxía Terapéutica. Actualmente está xubilado. Codeseda.