O PSOE DE A ESTRADA AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN POLA INVESTIGACIÓN DO APARCAMENTO DE MARTÍNEZ OTERO

O asunto atópase nunha fase moi temperá e cómpre agardar ao que determine o xulgado, pero en calquera caso a fiscalía considera que poden existir irregularidades que falan moi mal do proceder do goberno da Estrada” valorou López Bueno

A Estrada, 14 de xuño de 2019. O PSOE de A Estrada amosou a súa preocupación pola investigación do aparcamento de Martínez Otero. “O asunto atópase nunha fase moi temperá e cómpre agardar ao que determine o xulgado, pero en calquera caso a fiscalía considera que poden existir irregularidades que falan moi mal do proceder do goberno da Estrada”, valorou López Bueno.

Nesa liña, o socialista explicou que “hai que seguir estritamente os procedementos e actuar con rectitude respecto da lei e das normas de desenvolvemento”, e opinou que “cremos que se relaxou a observancia das normas, e iso é moi grave en calquera administración, que está obrigada a achegar seguridade xurídica para os veciños e as veciñas”.

Os socialistas poñémonos na pel de Martínez Otero ou calquera outra empresa, estariamos fondamente decepcionados co Concello porque non se pode confiar nel”. Ademais, López Bueno apuntou que “este tipo de situacións son inadmisibles, e son un problema moito máis grave que carecer dunha política industrial porque lle afectan directamente á imaxe da Estrada e a súa administración”.

En calquera caso, o PSOE di que “respectaremos os tempos da xustiza e estaremos ao que dispoña a instrución, manterémonos á expectativa e cando se resolva esixiremos as responsabilidades que sexan oportunas e pertinentes”.

Esta entrada ha sido publicada en estrada, Luis López Bueno y etiquetada como , , , . Guarda el enlace permanente.