O ALCALDABLE SOCIALISTA ACUSA ÓS POPULARES DE LEVAR ANOS “VACILANDO” ÓS ESTRADENSES CO TEMA DA VARIANTE

Luis López Bueno: “Campos e Constenla non só non fixeron nada pola variante en oito anos, tamén foron cómplices da súa paralización e da caducidade dos informes”

O PSdeG insiste na vontade do Goberno de Sánchez de sacar a infraestutura adiante, na súa aposta por un modelo de vila máis sostible, eficiente e cómoda

A Estrada, 25 de abril de 2019.- O alcaldable do PSdeG de A Estrada, Luis López Bueno, móstrase indignado despois de que os populares prometesen “outra vez, como sempre que hai que ir ás urnas”, que a tan necesitada variante da N-460 chegará pronto co PP no Goberno.

López Bueno recalca que “Campos e Constenla non só non fixeronnada pola variante en oito anos, tamén foron cómplices da súa paralización e da caducidade dos informes”, polo que considera unha “vergoña” que agora presuman de ter traballado moi duro para traer dita infraestrutura á Estrada.

“Non foron capaces de lograr que os seus gobernos amigos sacaran adiante o proxecto e cada vez que celebran un gran mitin prometen a variante… levan anos vacilando ós veciños e veciñas” engade.

Ante esta situación o PSdeG insiste na vontade do Goberno de Sánchez de sacar a infraestutura adiante, na súa aposta por un modelo de vila máis sostible, eficiente e cómoda.

Esta entrada ha sido publicada en alcaldía, Candidatura, eleccións municipais, estrada, Luis López Bueno y etiquetada como , , , , , . Guarda el enlace permanente.