AMALIA LAGO E JUAN CARLOS GONZÁLEZ OCUPARÁN POSTOS DE SAÍDA NO PROXECTO DE LUIS LÓPEZ BUENO

Amalia Lago, administrativa e asesora de saúde: “Quero ser concelleira porque o que máis me gusta é axudar á xente”

Juan Carlos González, funcionario de Facenda: “Desexo traballar por unha mellora real e efectiva do concello, e non unha pretenciosa mellora estética que non resolve os problemas estructurais”

A Estrada, 20 de abril de 2019.- O candidato socialista á alcaldía de A Estrada, Luis López Bueno, avanza outras dúas incorporacións que ocuparán postos de saída na súa lista ás eleccións municipais: a administrativa Amalia Lago Durán e o funcionario de Facenda Juan Carlos González Barcia.

Amalia Lago é coñecida por traballar durante doce anos como secretaria da alcaldía.  Na actualidade compaxina a administración nunha clínica co asesoramento de saúde, e aspira a ser concelleira porque o que máis lle gusta é axudar á xente.
A esta estradense de 37 anos, residente no casco urbano, o socialismo lle ven de cuna, pois procede dunha familia que sempre apostou polo PSOE e os seus valores.

Juan Carlos González Barcia, de 43 anos, é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, e traballa como funcionario de Facenda. Naceu en París, mais leva 15 anos no casco urbano da Estrada, lugar no que se sinte como na casa.
Este economista únese ó equipo de López Bueno para “traballar por unha mellora real e efectiva do concello, e non unha pretenciosa mellora estética que non resolve os problemas estructurais”.

Esta entrada ha sido publicada en Candidatura y etiquetada como , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.